bannerSGPL

febreiro, 2020

22feb17:30Zurda, una historia de escorbuto crónico y guerrilla urbana17:30 A Cova dos Ratos

Máis

Detalles do evento

Aproveitando a presenza dos membros de Guerrilla Urbana que actuarán ese mesmo día xunto aos locais SKACHA na sala Rebullón, proxectarase este documental na Cova dos ratos.

Argumento:
Céntrase na figura de Miguel Díaz “Zurda”, fundador do grupo punk lagunero Escorbuto Crónico, e guitarrista e letrista da banda Guerrilla Urbana nas últimas catro décadas. “Zurda”, personaxe carismático onde os haxa é autor de dúas novelas e un poemario.

Ficha técnica:
Dirección e guion: José María de Páiz
Música: Escorbuto Crónico e Guerrilla Urbana
Fotografía e son: David Hernández
Montaxe: Luís M. Guadalupe
Entrevistas: Miguel Díaz “Zurda”, Manolo Uvi ( Commando 9mm), Morfi Grei (A banda Trapera do Río), Kaki Arkarazo ( Kortatu, Negu Gorriak), Xabi (Lixo), antigos e actuais membros de Guerrilla Urbana, o escritor e editor Servando Rocha (A Felguera), Hibai Deiedra, Jesús López (fotógrafo) e máis.
ENTRADA LIBRE

A partir das 22:30 actuarán na sala Rebullón (Mos) Guerrilla Urbana e SKACHA.

Hora

(Sádado) 17:30

Lugar

A Cova dos Ratos

Rúa de Romil, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

X