>

18xul10:3013:00Zumba solidaria en Vialia a favor do Sáhara OccidentalACTIVIDADES DEPORTIVAS | 15,00 €10:30 - 13:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

A foodcourt de Vialia encherase de baile solidario este sábado 18 de xullo coa celebración dunha nova edición do Zumbatón Solidario, dirixido, nesta ocasión, por Jesid Ortega de Jess Fit & dance en beneficio da asociación Solidariedade Galega co pobo Saharauí (SOGAPS). A semana pasada chegaron a Galicia 305 nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados do Sáhara Occidental en Tinduf e pasarán aquí os dous meses de verán con familias de acollida galegas. Isto é así grazas a Vacacións en Paz, o programa que SOGAPS desenvolve na nosa comunidade desde hai máis de 35 anos.

Todo o diñeiro recadado a través deste evento irá directo a financiar este proxecto e asegurar, así que os nenos e nenas poidan continuar beneficiándose destas vacacións “en paz”. O mestre de zumba de Jess Fit & dance xuntou a un numeroso grupo de instrutores para reunir ao máximo número de persoas posibles neste evento solidario aberto á partipación de todo o mundo. Desde Canarias vén o zumba jammer David Ávila que é liderará este encontro de zumba. En palabras de Jesid Ortega “Vamos a bailar por una buena causa y disfrutar de una mañana llena de música, diversión, energía y solidaridad.”

As persoas interesadas en participar poden comprar a súa entrada solidaria a través da web de Vivetix, para aquelas persoas que non poidan unirse pero queiran colaborar con esta causa solidaria teñen a opción de facer a súa achega comprando entrada de fila cero. Desde a organización tamén fan un chamamento a empresas e entidades que queiran colaborar patrocinando o evento, poden poñerse en contacto a través do whatsapp (698 149 414).

Detalles do evento:
Data e hora: sábado 18 ás 10:30 h
Lugar: Foodcourt do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo
Entrada solidaria: 15,00 € (https://vivetix.com/es/entradas-zumbathon-vialia-vigo-oga4/session?token=th1vt0ziTr4)

Hora

18 xullo, 2026 10:30 - 13:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events