18mar19:00ZELTIA IREVIRECONCERTOS | Desde 5,00 € 19:00(GMT+01:00) A Morada
Detalles do eventos
Zeltia Irevire é unha banda galega de indie folk e canción de autora formada en Santiago de Compostela no ano 2019. Nesta ocasión, Zeltia Acuña, a líder do
Detalles do eventos
Zeltia Irevire é unha banda galega de indie folk e canción de autora formada en Santiago de Compostela no ano 2019. Nesta ocasión, Zeltia Acuña, a líder do proxecto, ofrece unha pequena ruta de concertos en solitario antes de marchar unha tempada a Irlanda.
A súa música integra instrumentación acústica cunha voz potente e unha guitarra que sostén unha proposta íntima e persoal. Nas súas cancións, tradición e modernidade conflúen con naturalidade.
Inspiradas na memoria e no territorio, as composicións reformulan a herdanza cultural galega desde unha perspectiva actual, situando o proxecto nun punto de encontro entre a escena indie contemporánea e as novas músicas de raíz.
Hora
18 marzo, 2026 19:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra


