OV430

20dec21:00ZÅLOMON GRASS + RUBIA & THE BANDITSCONCERTOS | Desde 16,00 €21:00(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

Cada decembro, cando o ruído do ano comeza a esvaecerse e as luces se acenden na cidade olívica, hai un punto de encontro que transcende datas e calendarios: o Christmas Gig de Zålomon Grass.

Unha tradición case astronómica, unha órbita que devolve ao trío galego ao seu centro de gravidade: Vigo, a cidade onde todo comezou.

Tras un 2025 de estrada, festivais, salas suadas e quilómetros de electricidade percorridos presentando Trouble in Time, o grupo regresa á casa coas válvulas quentes e o pulso no seu punto xusto. Foi un ano intenso, de consolidación e metamorfose. Porque entre viaxe e viaxe, Zålomon Grass comezaron a trazar os primeiros planos do que será o seu terceiro disco, un novo ciclo creativo que xa comeza a tomar forma no estudio.

Pero antes de mirar ao futuro, toca celebrar o presente cun concerto que promete ser apoteósico.

A cita será o sábado 20 de decembro na MasterClub, templo rockeiro por excelencia de Vigo, onde o grupo despregará o seu arsenal de psychedelic blues e vintage rock, esa mestura de groove, trance e electricidade que converte os seus directos en experiencias máis próximas ao rito ca ao simple espectáculo.

A noite complétase con Rubia & The Bandits, banda convidada que achegará o seu son sureño, elegante e arrollador. E, fieis á tradición, a viaxe non remata cos últimos acordes: haberá after-party oficial na La Iguana Club, para seguir flotando ata que o corpo aguante.

Entradas anticipadas: 16 €
Despacho de billetes: 18 €

Á venda en Discos Elepé, Caramba Shop, La Iguana Club e online en Entradium.

Apertura de portas: 21:00 h

Entradas

Hora

20 decembro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events