VIALIA
bannerPicnicSesions

Yogures de Coco + The Grooves

29xan21:00Yogures de Coco + The GroovesCONCERTOS | Desde 10,00€Por enfermidade dun dos integrantes da banda o concerto é posposto, anunciarase unha nova data.21:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

As dúas bandas do selo de Movistar Sound decidiron ofrecer xuntas unha serie de concertos por toda a xeografía española. O próximo 29 de Xaneiro teñen previsto arrincar incendiando o escenario de La Fábrica de Chocolate en Vigo. Ambas as formacións atópanse en pleno lanzamento dos seus discos que verán a luz este 2022.

Yogures de Coco estrearon “Casi todo tiene solución”, tema pertencente á BSO do documental “Colgar las Alas” sobre Iker Casillas. Desde que en 2018 rebentaron a Praza do Sal no Sonorama, Yogures de Coco non deixou de ofrecer o seu directo irresistible. A evolución da banda neste tempo é evidente e reflíctese nun estilo máis directo e elegante, con tinguiduras electrónicas que actualizan o son do conxunto. Con este lanzamento estrea novo formato, trío no canto de cuarteto, e propón un profundo cambio nos seus piares fundamentais: bases electrónicas, dúas voces principais no canto dunha, protagonismo de sintetizadores e voces tratadas con efectos dixitais. “Mirada atenta” é o último single do seu segundo LP gravado en Estudios Sonobox por Manuel Colmenero.

As mozas de The Grooves, polo seu lado, presentan HEROICA, o seu segundo LP producido por Juanma Latorre ( Vetusta Morla) e gravado nos estudos Fluxus de Pau Paredes. Tras presentar o primeiro single “Todos a las llamas” en LateMotiv de Andreu Buenafuente, The Grooves volven aos escenarios para dar volume á súa evolución cara a un son propio, rockeiro, rítmico e máis electrónico que nunca. O remix do seu tema ‘Tonight’ producido por Eme Dj, superou os 4.000.000 de streams en Spotify e soou en México, Arxentina e Chile. O seu videoclip de Todos a las llamas supera as 130.000 visitas en Youtube.

Máis