FAITE AMOVIDALOVER

12feb20:30Yo solo quiero irme a Franciaespectáculos | Desde 17,80 €20:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Canto pesan as herdanzas emocionais que se trasladan entre xeracións? Ese é o tema que aborda Yo solo quiero irme a Francia, a obra programada pola Tempada de abonos do Teatro Afundación o xoves 12 de febreiro -20:30 horas-. Cun elenco de tres actrices liderado por María Galiana e edificada sobre un texto que é a primeira incursión da actriz Elisabeth Larena como dramaturga, a trama comeza cun velorio. As persoas que queiran asistir ao espectáculo e non dispoñan de abono poden conseguir algunha das últimas localidades dispoñibles en Ataquilla.com.

A trama comeza cun misterio: Pilar organiza o seu propio velorio, ao que acode Inés. Ambas as mulleres nunca se coñeceran, pero Pilar fixera a Inés herdeira da súa casa. Tamén chegarán ao velorio Marisol e Leo, neta de Pilar e desconcertada polo que está a acontecer. O encontro convértese nunha viaxe cara a un pasado descoñecido. As
memorias familiares que permanecían ocultas dende os últimos meses da Guerra Civil e os anos de Pilar na Sección Feminina son unha parte importante de todo o que acontece.

Teatro de muller
María Galiana, que dentro de tres meses cumprirá 91 anos, interpreta a Pilar. A actriz galega Alicia Armenteros, a Inés. A intérprete Ana Mayo dálle vida a Leo, a neta de Pilar. E Nieve de Medina a Marisol. O texto e a dirección son da actriz bilbaína Elisabeth Larena, coñecida pola súa participación en populares series de televisión -La que se avecina, Servir y proteger- e tamén en producións cinematográficas coma -No matarás-. Larena conta dende o escenario a historia de catro mulleres de diferentes xeracións que buscan ese lugar que tanto anhelan e imaxinan: o espazo no que habita
a liberdade.
Yo solo quiero irme a Francia é un espectáculo de Contraproducións, a compañía galega de distribución e produción teatral creada polo dramaturgo e actor Cándido Pazó.

Hora

12 febreiro, 2026 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events