VIALIA
bannerPicnicSesions

Yo decido

10abr(abr 10)10:0017(abr 17)23:00Yo decidoARTE E MUSEOS | De balde10:00 - 23:00 (17)(GMT+02:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo acolle a exposición itinerante da Confederación ASPACE “Yo decido” que se poderá visitar desde o 10 ao 17 de abril na Planta 0, en fronte de Movistar. “Yo decido” compóñense de 32 imaxes en cor divididas en 4 historias de persoas con parálise cerebral que van tomando decisións que os leva a vivir unha vida independente. A mostra, organizada desde CONFEDERACIÓN ASPACE, leva a cabo cada ano con distinta temática e imaxes, co fin de lograr unha maior visibilidade do colectivo da parálise cerebral na sociedade.

Sobre Confederación ASPACE
É unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que agrupa ás principais entidades de Atención á Parálise Cerebral de toda España. Con implantación nas 17 Comunidades Autónomas, as máis 70 entidades que integran Confederación ASPACE contan con preto de 18.000 asociados, principalmente persoas con parálise cerebral, familiares e amigos, con máis de 4.500 profesionais e preto de 1.600 voluntarios.

Máis

Hora

10 (Luns) 10:00 - 17 (Luns) 23:00(GMT+02:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events