>
14set20:00'Yerma'ESPECTÁCULOS | 3,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
A Sala Ártika acolle Yerma, do Grupo de Teatro de Antas de Ulla, unha poderosa adaptación da obra de Federico García Lorca que afonda na frustración, o desexo
Detalles do eventos
A Sala Ártika acolle Yerma, do Grupo de Teatro de Antas de Ulla, unha poderosa adaptación da obra de Federico García Lorca que afonda na frustración, o desexo de maternidade e a traxedia dunha muller atrapada entre o deber e o anhelo. Dirixida por Patricia Coucheiro, esta posta en escena mergúllanos nun universo poético e emocional onde a ausencia, o amor e a dor toman corpo sobre o escenario. Un espectáculo impactante que actualiza a voz lorquiana con forza e sensibilidade.
SINOPSE
Yerma é a historia dunha muller casada nun matrimonio concertado polo seu pai, que ela aceptou coa única ilusión de ser nai. Co paso do tempo, a frustración por non conseguir ter un fillo vai medrando, e o seu sufrimento condúcea a unha procura desesperada que desemboca nunha tráxica realidade. A través da dor, da palabra e da poesía, a obra interroga o que significa “estar seca”, amar sen ser amada e resistir na ausencia. Un drama sobre o desexo, o corpo e a liberdade.
ENTRADAS AQUÍ.
Hora
14 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


