
YAYOI KUSAMA. La reina de los puntos
29xuñ17:30YAYOI KUSAMA. La reina de los puntosPEQUERRECHOS | 15,00€17:30
Detalles do eventos
Organiza: LASAL KIDS, a sección especializada en público infantil de LASAL BOOKS.Imparte: DESEÑO PARA VOARData: Xoves 29 de xuñoHorario: De 17:30 a 19:00 (1 hora
Detalles do eventos
Organiza: LASAL KIDS, a sección especializada en público infantil de LASAL BOOKS.
Imparte: DESEÑO PARA VOAR
Data: Xoves 29 de xuño
Horario: De 17:30 a 19:00 (1 hora e media de duración)
Lugar: Espazo de didáctica do MARCO (Rúa Príncipe, 54)
Público: Infantil de 3 a 10 anos
Aforo: 12 nenos (con monitora e auxiliar)
Tema: “Taller inspirado en Yayoi Kusama: A RAÍÑA DOS PUNTOS”
Desenvolvo:
Yayoi Kusama naceu en 1929 en Matsumoto, Xapón. Comezou a pintar de nena para expresar alucinacións e escapar a dinámica familiar marcada polos malos tratos e o abandono. Na Escola de Arte de Kyoto, estudou Nihonga, un estilo formal tradicional de pintura xaponés e posteriormente mudouse a Nova York en 1958, inspirada polo xurdimento do expresionismo abstracto e unha carta da mismísima Georgia O’Keeffe. A través da súa prolífica carreira, Kusama explorou multitude de temas como a enfermidade mental, a repetición, obsesión, creación, destrución, o sexo e o feminismo a través das súas pinturas, esculturas, colaxes, debuxos, filmes, poesía e obras de arte de moda e de performance. Recibiu numerosos premios e o seu traballo presentouse en moitas exposicións itinerantes e retrospectivas. Este taller centrarase principalmente nos seus traballos máis coloridos e positivos, aqueles repletos de puntos e con reminiscencias ao universo, propoñendo a péquelos actividades que farán voar a súa imaxinación e creatividade. Inscrición: Contactando coa librería a través de teléfono/whastapp 674291788 e cubrindo formulario. O prazo de inscrición finaliza o mércores 28 ás 23:59 da noite.
PVP: 15€ (inclúe materiais) que se abonarán antes da data indicada no formulario de inscrición.
Suxerencias:
· Recoméndase levar mandilón (ou roupa que se poida ensuciar) e botella de auga por se teñen sede. Non se recomenda traer obxectos persoais como xoguetes, dispositivos electrónicos etc.
Máis

Hora
(Xoves) 17:30
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra