
Detalles do eventos
A parroquia viguesa de Beade acollerá os días 7 e 8 de xuño a XXXVIII edición da tradicional Feira – Festa da Cereixa, unha cita xa consolidada no
Detalles do eventos
A parroquia viguesa de Beade acollerá os días 7 e 8 de xuño a XXXVIII edición da tradicional Feira – Festa da Cereixa, unha cita xa consolidada no calendario festivo da cidade, cunha programación diversa e enfocada ao ámbito familiar.
Organizada pola A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, a festa comezará o sábado 7 de xuño ás 18:00 horas coa celebración da tradicional misa cantada, interpretada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade. A continuación, ás 19:30 horas, as instalacións da entidade acollerán o Festival de Baile Moderno, que contará coas actuacións do Grupo de Baile Moderno e o Grupo de Bachata do propio centro, xunto coa Escuela de Baile Pasos Bailegalicia.
A primeira xornada rematará ás 21:00 horas cun concerto do grupo No All Kansas, que traerá ao público un repertorio de éxitos musicais das décadas dos 70, 80 e 90.
O domingo 8 de xuño, considerado o día grande da cereixa, comezará ás 11:00 horas cun pasacalle a cargo da Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” e coa recepción oficial das autoridades. De seguido, a charanga “CostameKrelos” animará a mañá co seu primeiro pase musical.
Entre as 11:30 e as 12:00 horas, terá lugar a tradicional degustación gratuíta de cereixas, acompañada dos xa clásicos concursos de Calidade, Derivados e transformación, Presentación e Repostería.
O acto central celebrarase a mediodía, amenizado pola Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo “Kv2211”. Este ano, a encargada de pronunciar o pregón será a Editorial Galaxia, institución que celebra o seu 75 aniversario e que leva publicado máis de 3.000 títulos en galego, sendo un referente histórico da edición en lingua propia.
Durante este acto protocolario tamén se entregarán os premios dos concursos gastronómicos e do certame de carteis, ademais de recoñecer aos socios máis veteranos e culminar coa imposición das tradicionais Cereixas de Ouro.
Despois do xantar, a festa retomarase ás 17:00 horas cun dos eventos máis populares e curiosos: o concurso de Lanzamento de Carabuña, unha actividade xa habitual desde hai máis dunha década. Ás 18:00 horas haberá sesión de pintacaras para todas as idades e, media hora máis tarde, volverá a música co segundo pase da charanga “CostameKrelos”.
A partir das 20:00 horas, o Festival Folclórico traerá a tradición ao escenario coa participación dos grupos de baile galego “Semente da Arte Galega” e “Arume” do C.S.C.R. de Beade, as pandereteiras “A Volta do Demo” e o grupo etnográfico “A Buxaina” de Coruxo.
O peche da festa chegará ás 21:30 horas da man do trío Los Lunes al Sol, que ofrecerá versións en directo de clásicos do pop rock nacional e internacional das décadas dos 70, 80 e 90.
Este ano, o cartel da XXXVIII Feira – Festa da Cereixa foi creado polo ilustrador e deseñador gráfico vigués Denis Carballás. A súa obra busca reflectir a esencia da celebración: a transmisión interxeracional, de maiores a cativos, dun costume tan natural como festexar a colleita.


Máis
Hora
7 xuño, 2025 18:00 - 8 xuño, 2025 21:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual