VIALIA
bannerPicnicSesions

XXXIV Romaría do Pan de Millo

28agoTodo o díaXXXIV Romaría do Pan de MilloAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día: domingo)(GMT+02:00) Parque Forestal Cotogrande

Detalles do eventos

O domingo 28 de agosto, coma nos anos anteriores e xa van trinta e catro anos, celébrase no parque forestal de Cotogrande (rúa Becerreira), na parroquia de Cabral, a Romaría do Pan de Millo, que está recoñecida pola Xunta de Galicia como festa gastronómica. Esta Romaría naceu no ano 1986 a partires da iniciativa e inquietude dun grupo de veciños para exaltar este producto específico da nosa terra galega e, que xunto con outros productos, son expostos para a ledicia e bo ver dos milleiros de persoas que asisten e, van en aumento, cada ano neste evento.
Durante a xornada festiva ofrecése ó público unha degustación de sardiñas asadas, polbo e empanadas variadas, xunto co producto estrela da festa: O pan de millo. Ofrécese ó público unha degustación de sardiñas asadas (1.900kg) a 6€/ración (sardiñas, plato e acompañada con pan de millo), ademais hai á venda pan de millo (1.800kg) normal a 6,00€/kg, con pasas a 7,00€/kg, con noces e pasas a 8,00€/kg,etc. Tamén, empanadas (2.500kg), divididas en: empanadas de millo (xoubas, chocos, bonito, zamburiñas, bacalao…) estas a precio de 20€/kg medio, empanadas de trigo (berberecho, bonito, carne…), estas ó precio de 15€/kg. Este ano como novidade vai haber á venda empanadillas de trigo (atún, polo…) a 1,50€. Podemos disfrutar dun bo viño da nosa terra(1.050 L) a 5€ a botella. Contaremos cun pulpeiro para degustar o polbo á feira durante todo o día, así ninguén terá que quedar sen a súa ración de polbo, todos productos é ata rematar existencias. Contaremos con cafetería con precios populares.
O numeroso público asistente pode disfrutar da música e do baile tradicional durante o largo do día, o
dividimos en:
12:00h – Grupo folclórico Peña Xuntanza e Banda de música U.V.C.D.Candeán
17:00h: Sesión baile con DJ , Grupo de canto Loureiro Verde do C.C.R.Cabral e grupo de gaitas Cotogrande do C.C.R.Cabral, e para rematar a festa tendremos a gran actuación Grupo Mariachi “Amigos de Mexico”.

As persoas asistentes poden disfrutar da gran “Exposición dos productos dos campos”, sorteos, hinchables para os máis cativos, diferentes xogos, e postos de doces.

Máis

Hora

Todo o día (Domingo)(GMT+02:00)

Localización

Parque Forestal Cotogrande

Rúa da Becerreira, 183, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events