XXXI Festa do Cabazo – A Movida

novembro, 2018

18nov11:30XXXI Festa do CabazoFESTA | De balde11:30 Colexio Carballal (Cabral)

Máis

Detalles do evento

Festa organizada pola Asociación Cultural O Coto que terá lugar o vindeiro domingo 18 de Novembro no Colexio Público Carballal de Cabral, no municipio de Vigo.

Os asistentes á festa, que este ano celebra a súa trixésima primeira edición e que comezará ao redor das 11.00 horas, poderán gozar coa degustación dun gran número de pratos coa cabaza como ingrediente principal: caldo, marmeladas, pan, galegas, sobremesas, empanadas, pasteis…, todos eles elaborados de forma artesanal polos voluntarios da propia asociación.
Algúns dos pratos para degustar serán repartidos de forma gratuíta, mentres que outros poderán ser adquiridos a prezos populares.

Á marxe das degustacións culinarias, os presentes tamén poderán deleitarse a partir das 11.30 horas coas actuacións musicais do grupo de gaitas Xestarega, o grupo Loureiro Verde e o grupo de gaitas Cans de Palleiro. A lectura do pregón deste ano, que levará a cabo en horario matinal, estará a cargo da escritora An Alfaya.

Pola tarde, a animación musical proseguirá desde as 17.00 horas co grupo tradicional Feixoada, o orfeón popular e a escola de baile tradicional O Coto e a escola de gaitas e percusión Miudiño.

A mostra de artesanía completará o programa de actividades.

Hora

(Domingo) 11:30

Lugar

Colexio Carballal (Cabral)

Freiría, nº1, 36318 Vigo, PO

X