Detalles do eventos
Nesta ocasión esta presentado por Lupe Blanco e coa participación de Antonio e Suso de Xornes, Bieito Lobariñas, Josinho da Teixeira e Luis ‘O Caruncho’
Detalles do eventos
Nesta ocasión esta presentado por Lupe Blanco e coa participación de Antonio e Suso de Xornes, Bieito Lobariñas, Josinho da Teixeira e Luis ‘O Caruncho’
A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña dos acabados de casar puxese a disposición dos que non foran convidados á celebración un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre os presentes era retarse dialecticamente entre eles, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.
Hora
25 xaneiro, 2026 18:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO


