Detalles do eventos
DÍA 14 SÁBADO, ÁS 19,00 H – MÚSICA E RETRANCA O XXVIII Certame Internacional de Regueifas do Centro Cultural
Detalles do eventos
DÍA 14 SÁBADO, ÁS 19,00 H – MÚSICA E RETRANCA
O XXVIII Certame Internacional de Regueifas do Centro Cultural de Valadares ofrece catro espectáculos diferentes, pero caracterizados polo uso que fan do bo humor, do enxeño e tamén da improvisación.
CONSTANCE HURLÉ: Esta polifacética artista viguesa, con estudios de danza contemporánea, arte dramático e outras disciplinas vai ofrecernos unha sesión de poesía participativa e improvisada, na que xogará un papel básico o público presente.
REPRESENTANTES DO CEIBARRIMAS: Ceibarrimas é un torneo que mestura rap e regueifa no que se xuntan os mellores rapeiros do paÍs para demostrar as súas habelencias lingüísticas, rapidez verbal e, por suposto, o seu nivel retranqueiro. Entre os partícipes recoñecemos a dous novos valores de Regueifa, xa que simultánea ambas disciplinas, Xanhe (O Rabelo), procedente do interior da provincia de Pontevedra) e máis Xairo d ́Herbón, que leva un par de anos sobresaíndo e imos ver como se defende, entre esta rapazada afeita a combater nestas batallas, nas que sempre hai alguén que queda desplumado.
VERTER GZ: Para botarmos unhas risas e escoitar algo de música variada con ritmos ska, salsa, cumbia, techno e urbano, convidamos a actuar neste día a un dúo de Palas de Rei que, ex-profeso para este bolo, veñen en formato trío. O grupo foi formado no ano 2020 e dende entón teñen partillado palco, con xente tan renomeada como Manu Chao e Asian Dub Fundation.
PEPO SUEVOS: A xornada compleméntase coa presenza de Pepo Suevos, que vai demostrar as súas habilidades improvisando construíndo un monólogo a partir das palabras e situacións dadas pola veciñanza que se achegue. Se a cousa queda sosaina é porque os presenten non teñen gracia e, se o espectáculo loce, será grazas a maña e a profesionalidade do noso convidado estrela, Pepo Suevos.
DÍA 21 DE FEBREIRO, SÁBADO, ÁS 19,00 H – XIII EDICIÓN DA MOSTRA DE IMPROVISACIÓN EN VIGO
A asociación O.R.A.L. de Galiza ofrécelle á poboación viguesa e da súa contorna a posibilidade de gozar dunha xornada de improvisación, rimas e retranca a esgalla, presenciando os distintos espectáculos. Unha proposta variada e dinámica con desafíos orais, xogos de palabras e experiencias sonoras creadas “in situ”, onde destacará o alto grao de cooperación entre todas e todos os participantes.
Regueifa de apertura: Alba María e Josiño da Teixeira.
Concerto de improvisación (piano preparado e voz):Recital construído en directo a partir dos “inputs” recibidos sobre o escenario. Alba María e Nacho Muñoz (Madamme Cell / Parkour Sonoro)
Mallando na regueifa con: Xairo D’Herbón, Mani Braga, Nuria Penas, Tiziana de Cruces, Lita Martínez e Vento de Chico. Divididos en dous grupos de tres, enfrontaranse en xogos de verbas, retos dialécticos e probas de rol preparados por Alba María, que exercerá como condutora da xornada.
Convidado especial: Alexis Díaz Pimienta. Poeta, novelista e catedrático, unha das máximas figuras mundiais da improvisación en verso, autor de Teoría de la improvisación e Método Pimienta para la enseñanza de la improvisación poética. O seu espectáculo apoiarase na participación do público e dos restantes compañeiros de escena.
DÍA 22 DE FEBREIRO, ÁS 18,00 H, SESIÓN AUDIOVISUAL E REGUEIFEIRA
18.00 h – Proxección da curta: Regueifando con pracer (30 min) . Dirixido por Cora Peña | Proxecto de Aopaso e Sra. Placerful
18.30 h – Proxección do documental: Ao son da nova regueifa (60 min). Dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas
19.30 h – Coloquio con Manolo Maseda | María García (Sra. Placerful). Mozas do “Regueifa Tour” (Participantes nos filmes)
20.00 h – Pequena actuación do Regueifa Tour.
Hora
22 febreiro, 2026 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO
Hoxe móvese
marzo

