outubro, 2019

14out(out 14)16:3017(out 17)21:30XXVI Xornadas de Filosofía: 'Pensamento e Intelixencia Artificial'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:30 - 21:30 (17) Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

As xornadas comezarán o luns 14 ás 16:30 coa intervención do catedrático en filosofía moral Jesus M. Conill Sancho, que falará sobre A IA en perspectiva ética. Tras un posterior coloquio e descanso, ás 19:00 será a quenda de José Luis Verdegay, que plantexará unha interesante cuestión: Poden pensar os algoritmos?

O martes 15 albergará tres interesantes charlas, comezando ás 16:30 coa de Miguel Ángel Quintanilla: A alma dos robots: filosofía cidadá para a tecnoloxía do século XXI. Ás 18:15, o médico Marcio Borges, unha auténtica autoridade neste eido, falará sobre Aplicacións da IA na medicina. Para rematar, Os próximos 20 anos da IA será a ponencia de Javier Bajo, catedrático no departamento de intelixencia artifical na Universidade Politécnica de Madrid.

Pasamos o ecuador das Xornadas co doutor e catedrático en economía José Mª Serrano Sanz e a súa presentación titulada IA: Un novo paradigma para a economía e o emprego, ás 17:00. O doutor en ciencias químicas José Mª Baldosano aportará a súa visión sobre Como a IA está cambiando a ciencia. A última xornada será pechada por Amparo Alonso Betanzos e a ponencia IA: un reto para o século XXI; e por Ignacio Morgado, que plantexará outra interesante pregunta: Pode un robot chegar a ter sentimentos?

Aínda que todas as charlas son de balde, convén inscrivirse previamente a través do correo xornadasdefilosofia@gmail.com, xa que moitas delas poderán ser acreditadas a través dun diploma.

Hora

14 (Luns) 16:30 - 17 (Xoves) 21:30

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X