XXV Xornadas de Filosofía – A Movida

outubro, 2018

18out17:00XXV Xornadas de FilosofíaCONFERENCIA | De balde17:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Durante os días 15, 16, 17 e 18 de outubro terán lugar no Auditorio Municipal do Concello as XXV Xornadas de Filosofía, un evento promovido polo Grupo Aletheia que servirá de homenaxe ao filósofo e catedrático Jesús Mosterín. Un grupo de invitados de primeiro nivel situará a Vigo a nivel nacional como a capital filosófica durante catro días.

Baixo o nome de Ciencia, filosofía e racionalidade, título dun dos libros de Jesús Mosterín, o Grupo Aletheia pretende homenaxear a este filósofo bilbaíno finado o ano pasado. As súas reflexións sempre estiveron a cabalo entre a ciencia e a filosofía, dous termos que semellan tan alonxados pero á vez tan achegados. Mosterín era un habitual destas Xornadas e un dos filósofos españois máis influintes das últimas décadas.

Programa completo:

Día 15
16.30h. Presentación das XXV Xornadas de Filosofía
17.00h. José Manuel Sánchez Ron: Jesús Mosterín e a ciencia
18.00h. Coloquio
19.00h. Antoni Fontdevila: Homo racional frente a Homo emocional: Un enfoque evolutivo
20.00h. Coloquio
20.30h. Final xornada

Día 16
17.00h. Victoria Camps: A racionalidade práctica de Jesús Mosterín
18.00h. Coloquio
19.00h. Javier Sádaba: Filosofía da cultura en Jesús Mosterín
20.00h. Coloquio
21.00h. Final xornada

Día 17
17.00h. Ignacio Morgado: Sofren os animais como as persoas?
18.00h. Coloquio
19.00h. Anna Estany: Epistemoloxía de deseño: unha aposta á racionalidade práctica
20.00h. Coloquio
21.00h. Final xornada

Día 18
17.00h. Emilio Ambrosio: Racionalidade práctica en animais
18.00h. Coloquio
19.00h. Adolf Tobeña: A agresión animal e a violencia humana
20.00h. Coloquio
21.00h. Clausura das XXV Xornadas

Hora

(Xoves) 17:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X