XXV Revoltallo – A Movida

setembro, 2018

08set20:00XXV RevoltalloFESTIVAL | De balde20:00 CVC Valladares

Máis

Detalles do evento

Nova edición do mítico festival vigués Revoltallo, que contará coa presenza de bandas como Skandalo GZ, Terbutalina, Fanfarria Taquikardia, Son Trío, Boyanka Kostova, Cuarta Xusta, Blues do País, Treintañeras Cañeras, Cé Orquesta Fantasma, The Lelli Kelly’s, The Manueles e DJ América. Tamén haberá actividades familiares e obradoiros de canto, percusión, guitarra, baixo e música electrónica.

Terá lugar na Carballeira do Pedregal, ao lado do Centro Cultural de Valadares. A entrada será de balde.

A segunda xornada comeza o sábado 8 ás 20:00 horas, con Cuarta Xusta, rock
revelación, a pesares de levar a penas dous anos nos escenarios xa son un nome
habitual nos festivais da nosa terra. O seu primeiro traballo discográfico Un novo
espertar, inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con
grandes colaboracións do eido musical galego. Tamén haberá espazo para o trap de
Boyanka Kostova. Este dúo compostelano promete leiras en vez de luxo e mestura
cultura e costumbrismo local ao xénero de moda. Sabor compostelano tamén da man de Terbutalina e o seu garage punk característico. O seu penúltimo LP, A Muerte
gañou o premio ao mellor Álbum en galego 2014 nos premios da música independente
e agora presentan Al Otomano se le va la mano o seu último traballo. Coma propostas
locais, dende moaña con amor, The Lelli Kelly’s e Treintañeras Cañeras. En outubro
saiu Caimán del Ku Klux Klan, o seu traballo debut, baixo a producción de Paco Serén
(ex Piratas) en Eclipsis CenStudios. Pildorazos repletos de guitarras afiladas e voces
agresivas e moi persoais, con influencias tales como Foo Fighters, Gallows o Nirvana.

Hora

(Sádado) 20:00

Lugar

CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

X