XXV MARATÓN FOTOGRÁFICO
Detalles do eventos
O sábado 25 de setembro volve o Maratón Fotográfico do Concello de Vigo, un concurso fotográfico de 24 horas de duración no que os participantes deberán fotografar sobre
Detalles do eventos
O sábado 25 de setembro volve o Maratón Fotográfico do Concello de Vigo, un concurso fotográfico de 24 horas de duración no que os participantes deberán fotografar sobre catro temas propostos pola organización. Deberán entregar unha foto por cada tema no control de chegada e posteriormente a organización realizará unha selección das obras presentadas e confeccionarase unha exposición sobre a que o xurado elixirá as series gañadoras.
O Maratón dará comezo o día 25 ás 11:00h na Praza do Pobo Galego de Vigo (detrás do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). Tras facer o control de saída no que as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa e outro agasallo, recordaranse as normas do concurso e as 12:00h darase a saída oficial e informarase dos catro temas. A partir dese momento e durante ata as 12:00 do 26 de setembro poderán facer fotos, procesalas, escoller, etc. pero antes das 00:00h do día 26 terán que entregar as catro fotos que representen os temas propostos.
Nesta edición existen dúas modalidades: Presencial e Virtual
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalicen a súa inscrición antes das 15:00 do día 24 de setembro de 2021. A inscrición deberá facerse online a través da web da AFG. A cota de inscrición é de 10,00€.
PREMIOS MODALIDADE PRESENCIAL
1º Premio…. 1.250 €
2º Premio…. 700 €
3º Premio…. 400 €
3 accésits…. 150 €
Máis
Hora
25 setembro, 2021 11:00(GMT+02:00)
Localización
Praza do Pobo
Rúa Doctor Cadaval, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes