decembro, 2019

14dec21:30XXV ANOS DE ROCK BRAVÚFESTIVAL | Desde 6,00€21:30 Sala Rebullón

Máis

Detalles do evento

Cando se cumpren 25 anos do Manifesto de Viana, que deu orixe á denominación do Rock Bravú, as xentes da Asociación Rebumbio de Mos vóltanse a xuntar para organizar un Festival (baixo teito) que é o estourazo de foguete para o seu rexurdimento e comezar unha nova andaina aproveitando a infraestructura do Territorio Cultural As Pedriñas e a Sala Rebullón.

A celebración desta efeméride tamén chegará a Mos coa celebración deste Rebumbio especial e que contará coa presenza das seguintes bandas.

CAIMÁN DO RÍO TEA
A veterana banda do bravú galego forma parte da memoria musical galega grazas a cancións como “Estou na lavadora”. Como se non pasaran case 25 anos dende a publicación do seu primer elepé, O Caimán do Río Tea anda presentando “Rock en el rancho”.

RASTREROS
Dende Chantada e festexando o 30 aniversario, chegarán a Mos para descargar o seu Rock Bravú con denominación de orixe.
Trallazos como Tractorada e o Sacristán de Basán farán tolear a todo o Rebullón.

OS PODRIDOS
A banda de Beade, con 26 anos de historia e concertos épicos e históricos serán os encargados de pechar os concertos dunha noite que será A regho cheo.

Para rematar, unha sesión Mp3 de Pelu Selektor con todas as cancións que marcaron a toda unha xeración e que 25 anos despois segue a reivindicar a música en galego.

6€ ANT. (CANTINA AS PEDRIÑAS) | 8€ BILLETEIRA

Hora

(Sádado) 21:30

Lugar

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

X