ORQUESTRA CLÁSICA

Este é un evento repetitivo

24abr20:0020:23XXII Festival Isto Ferve: Un sublime errorespectáculos | -20:00 - 20:23(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

ISTO FERVE

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre Abril e Maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Días 24, 25 e 26 Un sublime error Cía. Needcompany (Bruselas, Bélxica) Estrea en Galicia
Obra:
Este texto versa sobre a amizade. Os tres retratos que conforman o relato son partes de mín mesmo, baseados en obras anteriores e nas amizades que abriguei ó longo do meu traballo. Tamén fica claro que Gonzalo, como musa, estivo present e nalgún recuncho do meu atelier, sorrindo polo baixo mentres eu escribía o texto.
Un sublime error trata da desesperación dun artista que non logrou ser “frío como o xeo” na súa creación, senon que sempre quixo volver ser amado. En Un sublime error un dos personaxes di que é moito máis difícil estar sempre enfadado que agocharse detrás dun sorrisa. Con este texto intentei ver esta sorriso non como un acto de covardía, senon como unha arma para defenderse do ser humano mesmo.”
Unha das “musas” de Jan Lauwer s é Gonzalo Cunill, con quen gañou numerosos premios, como o Obie en Nova Iork. A intensa amizade entre estes dous homes levounos a sumerxirse críticamente no pasado. A recapitulation of a past. Unha recapitulación do pasado.
Un sublime error é un novo personaxe baseado en todos os personaxes masculinos algo desperdigados
na obra de Jan Lauwers, e é interpretado por Gonzalo Cunill.
Gonzalo é un home que está só no mundo. Só, pero non en soidade. É todo o oposto a min: exboxeador, nada dous quilómetros por día, é lento, calado, aterradoramente tranquilo. Un guapo e viril antimacho. Négase a ceder ante a inquietude que agóchase en cada persoa. E devandita intranquilidade é o que
xustamente dá impulso á miña vida. Les extrêmes se touchent
Un retrato íntimo dun home que observa sorprendido ó mundo, e non comprende por que motivo forma
parte del.

Hora

24 abril, 2026 20:00 - 20:23(GMT+02:00)