ORQUESTRA CLÁSICA

17abrTodo o día19XXII Festival Isto Ferve: Tiempo muertoespectáculos | -(Todo o día)(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

ISTO FERVE

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre Abril e Maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Días 17, 18 y 19 Tiempo muerto
Cía. Rubén Ramos Nogueira (Catalunya) Estreno en Galicia
Obra: E se o tempo se acelerase artificialmente ata desvirtuar por completo as intencións dos compositores clásicos? E se iso servira para roubarnos o que era noso e facernos pagar para escoitar a virtuosos que tocan como metralletas? Que tal nos sentaría volver atrás todo iso agora que a aceleración da vida non nos provoca máis que ansiedade? O tempo da interpretación musical acelerouse durante o século XIX de tal xeito que situouse fóra do alcance dos intérpretes amateurs (destinatarios de gran parte das composicións da época), terxiversando así as intencións de moitos compositores. Iso é o que semellan amosar recentes investigacións sobre a malinterpretación actual das indicacións metronómicas das partituras que deixáronnos os compositores do século XIX, quenes, según os defensores da práctica “double beat”, pretendían indicar un tempo a metade de rápido que o que na actualidade cremos correcto. A metade de rápido é un cambio enorme que o troca todo, non só a interpretación e a experiencia do oínte senon tamén o xeito de relacionarse coa música, a partir de entón en mans de virtuosos profesionaise de quen mercadea coa arte, como primeiro paso para a creación dunha industria fóra do control do eido doméstico e á que o público só é convidado de xeito pasivo. Non só acelerouse a música, por suposto, o ritmo da vida tamén foise acelerando progresivamente ata chegar ó punto no que atopámonos agora, vivindo vidas a unha velocidade difícil de soportar para a maioría das persoas .Só un vampiro, pola súa lonxevidade, podería ter a suficiente perspectiva para explicarnos que é o que pasou realmente, que aconteceu para rematar vivindo a vida con esta présa actual. A partir da súa extensa colección de arte do século XIX e do seu fortepiano da mesma época, cecais el poderá darnos as claves para entender e quen sabe se para darlle a volta a esta situación.

Hora

17 abril, 2026 - 19 abril, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)