Este é un evento repetitivo

10abr20:0020:23XXII Festival Isto Ferve: Frágilespectáculos | Desde 10,00 € 20:00 - 20:23(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

ISTO FERVE

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre Abril e Maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Días 10, 11 e 12 Frágil Cía. Nómada (Illas Canarias) Estrea en Galicia
Obra:
Cada xesto é unha refutación. Cada respiración, unha declaración política. A fraxilidade deixa de ser un estado de debilidade para converterse nun lugar de forza, de verdade e de rebeldía .A peza constrúese como unha partitura de actos corporais, rituais interrompidos, frases que volven como ecos, movementos que se niegan a desaparecer. O corpo do intérprete non representa: habita, declara, oponse, respira. O “outro” que dialoga con el—un “outro” anónimo, aséptico—representa a voz colectiva que pretende domesticar a vellez ou borrar a súa presenza, que fala con dozura, pero impón silencio, que pide gratitude mentres rouba o espazo. A súa presenza non procura comprensión, senon orde. Inspirada nas linguaxes da danza e o teatro físico contemporáneo, a medio camiño entre o ritual e a poesía desgastada, Frágil propón unha escena mínima e esencial onde a cadeira—ese obxecto cotián—vólvese altar, celda, refuxio, ruína e raíz. Frágil non busca provocar mágoa nin tenrura. Busca facer visible o que a nosa época enterra baixo a palabra “coidado”. Fala do corpo que envellece coma un territorio político, unha paisaxe onde a rebeldía é aínda posible. Fala do que acontece cando o silencio énchese de respiración, e o corpo, mesmo canso, di coa súa soa presenza: SON EU

Hora

10 abril, 2026 20:00 - 20:23(GMT+02:00)