CONGRESO MAR >

23mai11:0023:00[CANCELADO] Xuntanza fin de tempada do CeltaAS NOSAS FESTAS | De balde11:00 - 23:00(GMT+02:00) Balaidos

Detalles do eventos

A Festa de Fin de Tempada do Celta regresa o vindeiro sábado 23 coa súa terceira edición, convertida xa nunha das citas máis especiais e esperadas para toda a afección celeste. Unha gran reunión nos arredores de Abanca Balaídos para despedir, todos xuntos, unha tempada inesquecible.

Música en directo, actividades para todas as idades, gastronomía, convivencia e fútbol darán forma a unha xornada pensada para celebrar o celtismo en comunidade. O día arrincará ás 11.00 horas cos Circuítos Especiais por Abanca Balaídos, un percorrido único para revivir os mellores momentos desta campaña e ter a oportunidade de entrar ao campo antes que ninguén no último día do curso. E a partir das 12.30 horas, as inmediacións do estadio comezarán a encherse de ambiente, cun programa que se prolongará ata o inicio do partido.

A previa dará o pistoletazo de saída coa apertura da zona de restauración, onde quince postos de comida xestionados por peñas celtistas ofrecerán algunhas das propostas máis tradicionais dunha auténtica comida galega: churrasco, polbo, choripans… Os máis pequenos tamén serán protagonistas desta gran festa, cun espazo para eles e elas. Durante toda a reunión poderán desfrutar de actividades como fútbol 3×3, chutómetro, billar fútbol, porteiro xiratorio, soccer bowling, head jump challenge ou futbolíns, pensadas para todas as familias celtistas.

O gran momento musical da xornada chegará da man de Baiuca, unha das referencias máis importantes da música galega actual. A súa mestura de electrónica e sons tradicionais promete converter Balaídos nunha auténtica celebración colectiva e deixar un dos grandes recordos desta terceira edición. A programación musical contará tamén coa presenza de Festicultores, un grupo xa vinculado ao espírito desta festa e á afección celeste. Co seu inconfundible chimpín, a súa retranca e ese xeito tan particular de entender a música, volverán poñer a saltar a todo o celtismo. Outro dos nomes propios desta Xuntanza será Dirty Suc. Convertido nunha das voces emerxentes máis reconocibles da escena urbana de Galicia, e tras conectar cun público cada vez máis amplo grazas a un son privado no que conviven o moderno e as referencias á cultura e as raíces galegas, o artista non quixo faltar a unha cita tan especial. Quen tamén terán un lugar salientable ao longo da xornada serán os Varacuncas. O grupo de Lalín, moi ligado ao celtismo e presente xa en celebracións ao redor da afección celeste, actuará por primeira vez de xeito oficial en Balaídos. Cunha proposta profundamente conectada coa tradición e a cultura popular, a súa presenza nesta Festa de Fin de Tempada tamén quere ser unha mostra do compromiso do club con aqueles artistas que, desde sempre, levaron con orgullo o sentimento celeste por bandeira.

Tras a gran previa, ás 19.45 horas abriranse as portas do estadio para dar paso ao último encontro da tempada, previsto para as 21.00 horas ante o Sevilla FC. Un último baile entre equipo e afección que non acabará co asubío final. O club quere invitar a todo o celtismo a permanecer nas súas localidades ao termo do partido para vivir un fin de festa moi especial dentro do templo celeste.

Hora

23 maio, 2026 11:00 - 23:00(GMT+02:00)

Localización

Balaidos

Avda. de Balaídos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events