Xulio Gil retrata a arte galega
Detalles do eventos
A mostra conta coa curadoría de Javier Limia Gardón, e está articulada por 97 retratos fotográficos de grandes figuras contemporáneas das artes plásticas galegas, como Francisco Leiro, Laxeiro,
Detalles do eventos
A mostra conta coa curadoría de Javier Limia Gardón, e está articulada por 97 retratos fotográficos de grandes figuras contemporáneas das artes plásticas galegas, como Francisco Leiro, Laxeiro, Menchu Lamas, Elena Colmeiro, Yolanda Carbajales, Caruncho, Leopoldo Nóvoa, Isaac Díaz Pardo, Pury del Palacio, Xaime Quessada, Antonio Quesada ou Antón Pulido. Esta exposición, da cal se editará un coidado catálogo, tivo as súas orixes no ano 1988, co gallo da mostra «Antropolóxicas», promovida por Enrique Acuña no Museo de Pontevedra, e logo continuada a instancias de Antón Pulido para ilustrar con fotografías a colección Artistas Galegos. Esta é a base dunha colección que foi xermolando no tempo, e cuxo elenco foi medrando grazas ávocación documental de Gil, quen lle pon o ramo á escolma para a súa exhibición pública.
Mirar para coñecer, e facelo dende as creacións de Xulio Gil, cunha mirada fascinante, que incorpora na visita unha cartela que amosa unha peza artística de cada un dos retratados, para poñer en contexto a persoa retratada. Xulio Gil asina case un cento de instantáneas que, desde o ano 1988 ata este mesmo 2023 percorren o devir da plástica galega máis actual.
A mostra poderase visitar na Sede Afundación Vigo desde o 13 de setembro ata o vindeiro 11 de novembro de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.
Máis
Hora
13 setembro, 2023 17:30 - 11 novembro, 2023 20:30(GMT+02:00)
Localización
Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes