
Xornadas resistencia mulleres pobo kurdo
Detalles do eventos
Xornadas resistencia mulleres pobo kurdo: Proxección do documental “Kovane, levantarse” e mesa redonda con Rojin Felat representante do movemento de mulleres. “Cando falamos do pobo
Detalles do eventos
Xornadas resistencia mulleres pobo kurdo: Proxección do documental “Kovane, levantarse” e mesa redonda con Rojin Felat representante do movemento de mulleres.
“Cando falamos do pobo kurdo, falamos do pobo máis grande sen Estado. Dun pobo dividido por fronteiras e oprimido polos Estados que ocuparon o territorio. Por todo isto, falamos tamén dun pobo en resistencia, converténdose así en inspiración para as loitas actuais.
Nestas xornadas pretendemos traer un pouco desa revolución á Galiza, xerando tamén un espazo de solidariedade. Enfocarémonos no territorio kurdo de Rojava, onde se materializou o soño revolucionario kurdo, onde prima a revolución da muller, a diversidade étnica, a autonomía e o ecoloxismo. Falaremos da loita que transformou a sociedade de Rojava, unha sociedade que puxo en práctica unha democracia radical que deu voz e poder a todas as persoas, independentemente do seu sexo, relixión ou etnia.
Estará con nós a compañeira Rojin Felat, integrante do movemento kurdo e das estruturas de mulleres.
Organizada pola Plataforma Baran Galiza”
Máis
Hora
3 xullo, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra