Xornadas gastronómicas – A Movida

novembro, 2018

16novalldayXornadas gastronómicasGASTRONOMÍA | Prezos varios(Todo o día)

Máis

Detalles do evento

Xornadas gastronómicas de pota e polbo cabezudo.

Estas Xornadas enmárcanse no seo do proxecto de Promoción de Especies de Baixa Demanda a través do Programa Vigo Sea Chefs do Plan de Produción e Comercialización da OP (financiado polo FEMP e a Xunta de Galicia), co obxectivo de desenvolver instrumentos específicos de comercialización de especies que presentan dificultades no mercado.

Os restaurantes do Vigo Sea Chefs ofrecerán, no seu horario habitual, unha tapa elaborada cunha das dúas especies de cefalópodos (pota e polbo cabezudo) durante os tres días que duran as xornadas. Os restaurantes son La Carpintería, La Central, La Trastienda do Catro, Lume de Carozo, María Manuela, Mijo minibar, Niño Corvo, Pintxoteca Mar and The Othilio Bar, todos localizados en Vigo.

Hora

novembro 16 (Venres) - 18 (Domingo)

X