VIALIA

Este é un evento repetitivo

Xornadas formativas 25N

02dec17:00Xornadas formativas 25NACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Arrincan as actividades da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con motivo do próximo 25 de novembro ‘Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres’, que organizan conxuntamente co Consello Municipal da Muller.

Entre os meses de novembro e decembro acollerán proxeccións de filmes, presentacións de libros, coloquios, accións reivindicativas,  xornadas formativas, actuacións musicais, etc Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre ata completar aforo. Ademais, o 1 e 2 de decembro celébranse unhas xornadas formativas cuxos obxectivos son:

• Fomentar a participación e implicación da poboación viguesa na promo ción dunha cultura igualitaria e na prevención da violencia de xénero.

• Habilitar un espazo e tempo de formación e reflexión persoal en relación á igualdade e a violencia de xénero.
• Visibilizar a violencia de xénero como manifestación extrema da desigualdade coa finalidade de acadar un cambio de modelo de relación social baseado na igualdade.

Para participar nestas xornadas é preciso reservar praza escribindo a: xornadas.igualdade@vigo.org

Tratamento da violencia de xénero nos medios – María Xosé Porteiro

Resposta institucional ante o maltrato de menores – AGAME (Asociación Galega contra o Maltrato de Menores)

Proceso de normalización e naturalización da violencia de xénero. Desde a educación infantil ata a universidade – Mari Lires

A economía política da explotación sexual – Rosa Cobo Bedía

Normativa en materia de violencia de xénero. Aplicación, eivas e potencialidades – Paz Filgueira Paz

Máis

Hora

(Xoves) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events