Detalles do eventos
O TEATRO EN VIGO NO TARDOFRANQUISMO: XORNADAS E MOSTRAS DE TEATRO NA DÉCADA DOS 70 Mentres en España a ditadura militar franquista limitaba a liberdade
Detalles do eventos
O TEATRO EN VIGO NO TARDOFRANQUISMO: XORNADAS E MOSTRAS DE TEATRO NA DÉCADA DOS 70
Mentres en España a ditadura militar franquista limitaba a liberdade de expresión e interviña nos procesos creativos, especialmente no teatro, unha nova xeración dedicada ao teatro, gañaba un espazo, desviándose do camiño trazado polo
teatro comercial. Esta nova concepción escénica encontrouse con múltiples atrancos como a censura, ás que se sumaba a precariedade e a falta de recursos materiais. Os grupos teatrais, afeccionados na súa maior parte, que cubriron ese espazo baleiro, pivotaban sobre unha idea de cambio que condicionou a escena sobre todo no ámbito rexional, que estivo durante décadas sumida no illamento. Neste contexto, as formacións de teatro, xurdidas naquel tempo, soñaban con mudar o panorama escénico español e reivindicaban: a descentralización, a profesionalización, a transformación dos modos de produción teatral esenciais para a supervivencia dese novo teatro, cuxo obxectivo principal era: a formación, a investigación, a innovación formal e estética e o compromiso político e social. Este foi un movemento que arrastrou a moitos dos grupos afeccionados rexionais a pór en marcha festivais ou xornadas teatrais. Coa axuda dalgunhas institucións públicas ou privadas, os grupos teatrais vigueses abrazaron o obxectivo de formarse, redefinirse e acadar un lugar dentro do panorama teatral do momento.
Hora
26 febreiro, 2026 11:00(GMT+01:00)
Localización
Facultade de Comercio (Torrecedeira)
Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

