UNDERFEST

09out20:00Xornadas de memoria: Presentación 'Guardia Incivil'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librouro

Detalles do eventos

Estes próximos meses outubro e novembro de 2025 a Asemblea Republicana de Vigo organiza unhas xornadas sobre memoria en colaboración coa libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12. Vigo).

xoves 9 de outubro o xornalista gaditano, Iñaki Errazkin estará na cidade olívica para presentar Guardia Incivil, onde realiza un percorrido sobre o papel da Guardia Civil nos seus máis de dous séculos de existencia, a obra está editada por Txalaparta. O acto será ás 20:00 e estará presentado por Anxo Padín.

E para concluír, o 13 de novembro o militante memorialista Sabino Cuadra estará en Vigo para presentar Sanfermines 1978. Los victimarios. O abogado laboralista xubilado e ex deputado no parlamento español presentará esta obra onde nomea ás ducias de victimarios, responsábeis de crimes, torturas e represión nun libro editado por Txalaparta. O acto estará presentado por Celso López en representación da Asemblea Republicana de Vigo.

Hora

9 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events