CAMELIAS

Xornadas 8M: Visibilizando a desigualdade

09mar(mar 9)17:1511(mar 11)18:30Xornadas 8M: Visibilizando a desigualdadeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:15 - 18:30 (11)(GMT+01:00)

Detalles do eventos

“Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos” é o título escollido polo Consello Municipal da Muller para agrupar o programa de actos con motivo da conmemoración do 8 de marzo e que este ano, seguindo as recomendacións sanitarias, desenvolveranse en liña a través de Youtube e Zoom. O programa arrinca coa celebración do Pleno virtual municipal da muller, que será retransmitido en aberto e en directo a través da canle de Youtube IgualdadeVigo a partir das 10.00h do 8 de marzo.

Xa de cheo nas xornadas, o martes 9 de marzo ás 17.15h Liliana Freijeiro, psicóloga e representante da Asociación FARAXA pola abolición da prostitución ofrecerá a presentación “A realidade da prostitución en Galicia. Unha aproximación dende Vigo”. A partir das 18.15 do mesmo día será o turno da Asociación MUDEGA e “Profesións do deporte. Somos as mulleres unha materia pendente?”. O mércores 10 Miguel Llorente, médico e ex Delegado do goberno para a violencia de xénero, falará a partir das 17.00h de “Violencia de xénero en tempos de pandemia: entre virus e maltratadores”. Ás 18.00h, Ana Ojea, profesora e responsable do programa de atención á diversidade no IES Politécnico de Vigo, emitirá a charla “Visibilidade das mulleres LBTIQ no ensino: percorrido imprescindible cara á igualdade” e a economista e activista Carme Castro intervirá ás 18.00h con “Avanzamos cara á corresponsabilidade?. O novo marco da lei de equiparación dos permisos por nacemento”. O terceiro e último día de xornadas contará coas intervencións “Os coidados, novos desafíos dende o feminismo”, pola politóloga Priscila T. Retamozo, a partir das 17.00h, e “Migrando ás fronteiras dixitais: prostitución 2.0”, pola escritora e documentalista Mabel Lozano, a partir das 18.00h.

É preciso encher este cuestionario para poder participar.

Máis

Hora

9 marzo, 2021 17:15 - 11 marzo, 2021 18:30(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!