JORGE PARDO

Xornada para falar de igualdade con mulleres en risco de exclusión

07mar11:00Xornada para falar de igualdade con mulleres en risco de exclusiónACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

A Plataforma Social Calvario organiza mañá venres ás 11.00 horas unha xornada no MARCO de Vigo, aproveitando a exposición “ÉRGUETE. A pegada das nais: un berro que cambiou a sociedade”, sobre mulleres en risco de exclusión e a dobre discriminación que sofren. Ás 11.00 horas no salón de actos desenvolverase unha mesa redonda e un coloquio no que diferentes mulleres falarán das realidades que viviron e viven cada día. A continuación, ás 12 horas, haberá unha concentración nas escaleiras do museo. A Plataforma Social Calvario está formada pola Asociación Érguete, Down Vigo, Afaga Alzhéimer, Arela, Secretariado Gitano, Igualarte, Párkinson Vigo, Asem, Apamp, Fundación Érguete, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Centro Municipal de Benestar Social Rivera Atienza, e o centro social Rivera Atienza.

Máis

Hora

7 marzo, 2025 11:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events