>

18xul11:3023:30Cancelada a Xornada Mar de Galicia por problemas con ConcelloFESTIVAIS E FEIRAS | Varios11:30 - 23:30(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

ACTUALIZACIÓN: A menos de 24 horas de celebración do evento, os organizadores da Xornada Mar de Galicia comunicaron a través das redes sociais que se vían na obriga de cancelar. Na publicación sinalan que o Concello de Vigo ameazounos con enviar a policía local ao Museo de Mar e precitar o recinto se continuaban coa celebración do evento e engaden que “O concello de Vigo e Abel Caballero queren matar a cultura”. Así e todo aseguran que o festival se celebrará noutra data e que xa teñen axendada unha reunión coa Xunta de Galicia, patrocinadores do evento, para buscar unha solución.

O sábado 18 de xullo o Museo do Mar converterase en escaparate da cultura contemporánea coa celebración da xornada cultura ‘Mar de Galicia’ que abrangue concertos -con Cecilio G como cabeza de cartel-, música electrónica, mercado e actividades medioambientais e desportivas.

MÚSICA:
A programación musical estruturarase en tres espazos diferenciados que reflicten a diversidade da escena actual.
Escenario Ría: Dedicado aos sons urbanos e ritmos actuais, contará coas actuacións de Cecilio G, Adán, Xiari, LosDeLa9 e Tekilas.
Escenario Xanela: O espazo para os amantes das guitarras e a enerxía en directo coas bandas Lorahacepam, Dulce Compañía, YOUCANTHIDE e Zalomon Grass.
Espazo Río Lagares: Dirixido por Pálida, este recuncho estará enfocado ás propostas máis vangardistas de electrónica, ambient, minimal e artes visuais vinculadas á creación contemporánea galega.

CONCIENCIA AMBIENTAL, DEPORTE E ECONOMÍA CIRCULAR
Máis alá da música, XC Mar de Galicia quere ser un motor de cambio e reflexión. No Espazo Conciencia Azul, expertos de entidades como Lixo Atelier, Vazva e a investigadora Raquel Nogueira (UVigo, CSIC e Diving Rías Baixas) ofrecerán relatorios e debates sobre sustentabilidade, economía circular e a urxente conservación da ría de Vigo.
Para os máis activos, a Zona Deportiva ofrecerá a partir dos 7 anos actividades de piragüismo e outras experiencias náuticas para vivir o mar de primeira man.
Ademais, o público poderá perderse no Mercado Salitre, un espazo de venta de vinilos, CDs, roupa de segunda man, vintage, xoeira e roupa elaborados con materiais reciclados de residuos mariños, moda urbana galega, autoedición e artesanía local.
A xornada completarase cunha variada oferta gastronómica grazas a unha zona de foodtrucks, espazo lounge, barras e áreas de encontro pensadas para o descanso e a convivencia.

ENTRADAS
O acceso ao recinto é gratuíto
e trátase dun evento dirixido a todo tipo de públicos: familias, mozos e maiores.
O acceso ás dúas zonas musicais ten un custo conxunto de tan só 8,00 € (+ gastos de xestión) e os tickets xa se poden adquirir a través da plataforma Tixxlab.com. Co obxectivo de achegar a cultura ás novas xeracións, a entrada
para os menores de 18 anos será totalmente gratuíta.

Hora

18 xullo, 2026 11:30 - 23:30(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events