decembro, 2019

12dec10:00'Xogos musicais' con Luis PregoPEQUERRECHOS | De balde10:00 Escola Infantil Municipal Santa Marta do Casco Vello

Máis

Detalles do evento

Actividade do programa “Vigo arrólate”

DIRIXIDO A: Bebés (entre 0 e 15 meses) acompañados dunha (1) persoa adulta

Prazo de inscrición: dende o xoves 21 de novembro e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto

Sinopse:

Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”.

Hora

(Xoves) 10:00

Lugar

Escola Infantil Municipal Santa Marta do Casco Vello

Rúa de Santa Marta, 38, 36202 Vigo, Pontevedra

X