CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Xogo medioambiental de Detectives da praia

27dec11:30Xogo medioambiental de Detectives da praiaPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Edificio Cambón

Detalles do eventos

Obradoiros de Nadal para nenos no Centro de Visitantes do Parque Nacional: obradoiro de doces mariños, robótica, xogos, experimentos, adornos…

Algúns precisan de inscrición previa aquí.

22 de decembro de 11:30 a 13:30. Obradoiro de Adornos de refugallo. Sen inscrición. Aforo de 16 participantes (a partir de 3 anos)

22 de decembro de 17:00 a 18:30. Obradoiro de Ciencia e maxia: experimentos de laboratorio centrado na importancia da auga como elemento da vida. De 3 a 6 anos, ambos dous incluídos. Con inscrición previa.

23 de decembro de 11:30 a 13:30. A robótica e o mar: realizarase unha actividade de robótica combinada con divulgación científica e medio ambiental enfocada á problemática do lixo mariño. De 7 a 13 anos, con inscripción previa.

26 de decembro de 2023 de 12:00 a 13:30: Xogos de mesa dinamizados os nenos e nenas participantes aprenderán, a través de diferentes xogos de mesa, un pouco máis sobre a biodiversidade que nos rodea. De 4 a 13 anos, sen inscripción previa (aforo de 16 participantes)

27 de decembro, de 11:30 a 12:30: Xogo medioambiental de Detectives da praia: unha actividade de descuberta da riqueza mariña das nosas costas. De 6 a 13 anos cun máximo de 20 participantes. Sen inscrición previa.

28 de decembro, de 18:00 a 19:00: Presentación do xogo de rol “Illas das marabillas”simulación da partida duns 15-20 minutos e rolda de preguntas. A partir de 12 anos. Sen inscrición previa.

29 de decembro, de 17:30 a 18:30: Ilumina o teu espazo. Un obradoiro de electricidade manipulativo, no que o obxecto protagonista será un faro. De 7 a 13 anos. Máximo de 20 participantes, con inscrición previa.

30 de decembro, de 11:30 a 13:30: As cores das illas. Coñecer as distintas cores que existen e relacion coas cores das paisaxes das illas e… mensaxes secretas! De 3 a 6 anos. Máximo de 25 participantes. Con inscrición previa.

4 de xaneiro. 2 sesións de 11:00 a 12:00 e de 12:30 a 13:30: Doces mariños. Decoración de galletas para a noite de reis, con formas de especies mariñas…unha forma divertida de achegar aos nenos e nenas á biodiversidade mariña das illas. De 5 a 12 anos. 12 participantes por sesión. Con inscrición previa.

Máis

Hora

27 decembro, 2023 11:30(GMT+01:00)

Localización

Edificio Cambón

Rúa Palma, 4, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events