>

22nov21:00Xoel LópezCONCERTOS | ESGOTADAS21:00(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

O recoñecido cantautor galego Xoel López engade dúas fechas en Galicia, o 22 de novembro en Vigo e o 4 de decembro en A Coruña.

Tras unha exitosa xira por España, con entradas esgotadas, Xoel López regresa a súa terra para pechar o ano con dúas novas actuacións en directo. Serán dúas noites de celebración, nas que repasará as cancións do seu último traballo, Caldo Espírito (Esmerarte, 2023), xunto ós temas que o acompañaron ao longo da súa traxectoria (máis de vinte anos de carreira musical).

Durante estas dúas décadas, o músico coruñés soubo reinventarse sen perder identidade, explorando novos sons e mantendo sempre unha voz recoñecible dentro da música de autor no noso país. As súas cancións caracterízanse por un imaxinario sonoro en constante evolución e unhas letras que apelan directamente á experiencia persoal.

O directo é o territorio onde esa conexión cobra toda a súa forza: nel as cancións medran e adquiren novas lecturas e matices. Esa é a proposta que Xoel levará agora ao Teatro Afundación de Vigo, funcionando como un regreso a casa e un encontro co público galego, que o acompañou desde os seus comezos, a un tempo.

ENTRADAS AGOTADAS.

Hora

22 novembro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events