>
Detalles do eventos
Xa están abertas as inscricións para a XLII Carreira Nocturna de San Xoán, unha das citas deportivas máis tradicionais do calendario vigués. A proba, organizada pola Agrupación Viguesa
Detalles do eventos
Xa están abertas as inscricións para a XLII Carreira Nocturna de San Xoán, unha das citas deportivas máis tradicionais do calendario vigués. A proba, organizada pola Agrupación Viguesa de Atletismo e integrada no circuíto Run Run Vigo, celebrarase o vindeiro 23 de xuño cun percorrido urbano de aproximadamente 7,7 quilómetros. As persoas interesadas poderán anotarse ata o 20 de xuño a través da plataforma Magmasport.
A saída terá lugar na Praza do Rei e o percorrido avanzará por Camelias, Pi i Margall, López Mora, a Avenida da Coruña, Tomás A. Alonso e Beiramar ata rematar nos soportais do Berbés. A carreira está aberta a persoas maiores de 14 anos, estean ou non federadas.
Como é habitual nesta cita vinculada ás celebracións de San Xoán, a xornada contará cun ambiente festivo máis alá da competición. Ao remate da proba, as persoas participantes poderán desfrutar dunha sardiñada popular no Berbés, ademais de sorteos e premios para os primeiros clasificados de cada categoría.
A Carreira Nocturna de San Xoán é a oitava cita do circuíto Run Run Vigo 2026, o programa que reúne algunhas das principais carreiras populares da cidade. Nesta edición, o calendario sufriu cambios tras a cancelación da Carreira da Cereixa de Beade, prevista inicialmente para o mes de xuño, ao non obter os permisos necesarios para a súa celebración.
Calendario Run Run Vigo 2026
- Subida ao Castro – 26 de xaneiro (FINALIZADA)
- Calvario 5+5 – 16 de febreiro (FINALIZADA)
- 10K de Teis – 9 de marzo (FINALIZADA)
- Vig-Bay – 6 de abril (FINALIZADA)
- Praia de Samil – 27 de abril (FINALIZADA)
- Carreira da Cereixa – 25 de maio (CANCELADA)
- Correndo por Vigo – 14 de xuño
- Carreira Nocturna de San Xoán – 23 de xuño
- Vigo Contra o Cancro – por confirmar
- La 21 – 16 de novembro
- Vigo +11 – por confirmar
- Érguete e Corre – 30 de novembro
Hora
26 xuño, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Praza do Rei
Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


