Este é un evento repetitivo

Festival Isto Ferve: 'Noche Cañón' de Societat Doctor Alonso

19mar20:00Festival Isto Ferve: 'Noche Cañón' de Societat Doctor AlonsoESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre Abril e Maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Aparentemente, ‘Noche Cañón’ é un show típico de Stand-up Comedy. Pero en realidade o que ‘Noche Cañón’ garda agochado é un dispositivo por capas cun efecto na cabeza do espectador, é o dun número de Cabaret/varietés. En ‘Noche Cañón’ o espectador vai sempre un pouco por detrás do show, descubrindo aos poucos, mediante unha fervenza de sorpresas no interior do mecanismo. Un dispositivo que consta dun caderno con imáxes en mans do espectador, unha serie de accidentes escénicos tipo gags performativos e un vestiario en continua transformación. Estas diversas capas acompañan e modifican o discurso verbal e físico da performer.

PROGRAMACIÓN

10-12/3/23 ‘Abséncies’ Andrés Corchero (Catalunya) Estrea en Galicia.

17-19/3/23 ‘Noche Cañón’ Societat Doctor Alonso (Catalunya) Estrea absoluta.

31-2/3-4/23 ‘Interior noche’ Serrucho (C. de Madrid) Estrea absoluta.

ENTRADAS

A billeteira abriráse unha hora antes do comezo do espectáculo.

Normal: 10€

Estudantes: 7€

Estudantes EOI: 7€

Xubilados: 7€

Grupo de 10 persoas: 7€

Desempregados: 6€

Estudantes ESAD: 5€

Socios 50%: 5€

Socios 100%: 0€

Pódese reservar entrada.

Máis