VIALIA
bannerPicnicSesions

Este é un evento repetitivo

Festival Isto Ferve: 'Interior Noche' de Serrucho

01abr20:00Festival Isto Ferve: 'Interior Noche' de SerruchoESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre Abril e Maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Espectáculo de teatro con obxectos, ‘Interior Noche’ usa a referencia ao campestre para expor un xogo de temporalidades imposible. Mestúranse, entre outros, o tempo escénico (a peza dura o que dura, e está estruturada en diferentes escenas e imaxes plásticas pensadas dende o ritmo) e o tempo social (por exemplo, remitíndonos a un espazo que relacionamos coas vacacións, coa acción de “deixar pasaro tempo”). Defendendo a contemplación como acto político de resistencia, Serrucho ofrécenos un obradoiro práctico de observación lenta, e unha dramaturxia feita de situacions e chistes visuais que deixan ao descuberto a absurda obsesión coa eficiencia deste capitalismo histérico tan noso. O mundo high-tech do camping contemporáneo, neste sentido, convértese eiquí nun pozo de exemplos paradigmáticos e a miúdo hilarantes de como o sistema foi invadindo todos os aspectos da nosa vida para servir os seus intereses.

PROGRAMACIÓN

10-12/3/23 ‘Abséncies’ Andrés Corchero (Catalunya) Estrea en Galicia.

17-19/3/23 ‘Noche Cañón’ Societat Doctor Alonso (Catalunya) Estrea absoluta.

31-2/3-4/23 ‘Interior noche’ Serrucho (C. de Madrid) Estrea absoluta.

ENTRADAS

A billeteira abriráse unha hora antes do comezo do espectáculo.

Normal: 10€

Estudantes: 7€

Estudantes EOI: 7€

Xubilados: 7€

Grupo de 10 persoas: 7€

Desempregados: 6€

Estudantes ESAD: 5€

Socios 50%: 5€

Socios 100%: 0€

Pódese reservar entrada.

Máis