REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Festival Isto Ferve: 'Abséncies' de Andrés Corchero

11mar20:00Festival Isto Ferve: 'Abséncies' de Andrés CorcheroESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre Abril e Maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Do 10 ao 12 de Marzo representarase a obra ‘Abséncies’ de Andrés Corchero. Divídese realmente en dúas obras: ‘Padre’ e ‘Camídesilenci’. Dúas pezas de danza que se poden ver seguidas, onde o fío condutor é o paso do tempo, a perda dun ser querido, a figura do PAI e o desexo de vivir. A peza naceu cando en 2019 o autor chegou á ideade na que o seu pai morrera. ‘Padre’, ten que ver coa certeza da pronta despedida do pai, cando aínda podía gozar de miotas etapas da vida, deixando un baleiro xeracional imposible de encher. Parte dunha investigación de materiais textuais e corporais que teñen como referente ó pai, pero tamén a figura do fillo, e a do avó; en definitiva, a procura da trascendencia dos roles xeracionais sexan construídos a partir de ausencias ou presenzas. ‘Camídesilenci’, foi creada en 1995, uns anos despois do falecemento do pai e preséntase tal e como era orixinalmente.

PROGRAMACIÓN

10-12/3/23 ‘Abséncies’ Andrés Corchero (Catalunya) Estrea en Galicia.

17-19/3/23 ‘Noche Cañón’ Societat Doctor Alonso (Catalunya) Estrea absoluta.

31-2/3-4/23 ‘Interior noche’ Serrucho (C. de Madrid) Estrea absoluta.

ENTRADAS

A billeteira abriráse unha hora antes do comezo do espectáculo.

Normal: 10€

Estudantes: 7€

Estudantes EOI: 7€

Xubilados: 7€

Grupo de 10 persoas: 7€

Desempregados: 6€

Estudantes ESAD: 5€

Socios 50%: 5€

Socios 100%: 0€

Pódese reservar entrada.

Máis