VIALIA
bannerPicnicSesions

XIX Encontro Folclórico

06mai18:00XIX Encontro FolclóricoAS NOSAS FESTAS | De balde18:00(GMT+02:00) Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

A XIX edición do festival comeza o mes de maio este sábado 6 cunha triple actuación no C.S.C.R. de Beade cos grupos Lembranzas galegas, O Fiadeiro e Semente da arte galega. Como cada ano, o Encontro Folclórico chega aos diferentes centros culturais da cidade con espectáculos de música e danza. Tras unha fin de semana de descanso, o festival prosegue coa súa programación. Nesta ocasión, o centro cultural elixido para desfrutar do folclore e danza galegas é o C.S.C.R. de Beade. A cita terá lugar no seu auditorio ás 18:00 con entrada de balde. Coma en edicións anteriores, a organización encargada da realización do evento é a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, en colaboración co Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. Aseguran que o seu principal obxectivo é “darlle voz á danza galega e aos seus expoñentes”. Ademais, achegándose á 20a edición, procuran a “consolidación definitiva do evento” e queren “agradecer a tódolos colaboradores e participantes que teñen sido parte del desde o seu comezo”.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

Other Events