UNDERFEST

19out19:00XIX Circuíto Galego de Teatro Amador: 'Heroes de decembro'ESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) SRD Nautilius

Detalles do eventos

XIX Circuíto Galego de Teatro Amador organizado polo grupo de teatro O TRASNO coa colaboración da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado)

18/10/2025
NOVO AMENCER’ DOGRUPO DE TEATRO ACHÁDEGO TEATRO
Todas as persoas estamos un pouco perdidas, buscando algo ao que aferrarnos que lle de sentido as nosas vidas, o problema é que hai moitas opcións e non sempre escollemos a axeitada. Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio.
Unha divertida crítica distópica ambientada nunha comunidade moi peculiar na que non hai ninguén normal, como na vida mesma.

19/10/2025
‘HEROES EN DECEMBRO’ DO GRUPO DE TEATRO ABRAN PASO TEATRO

Catro suicidas acceden a un programa de repoboación rural a modo de terapia grupal. As rutinas e actividades programadas fan ver a Berta que sobrevivir non poden devolverlle as ganas de vivir. O suicidio silenciado de Khalid dentro do programa, a rebelión de Berta e a chegada da última traballadora social, con intereses ocultos, cuestionan os piares sobre os que se sustenta o proxecto e cada un dos seus habitantes.
Heroes en decembro é un texto contemporáneo e actual, unha traxedia con moitos toques de humor, que nos incita a cuestionarnos a importancia da saúde mental e a poñernos no lugar do outro. Realiza unha radiografía fresca e actual sobre a realidade social mostrándonos a realidade desde outra perspectiva.
“Intentar meter todos os temas do mundo nunha obra está tan condenada ao fracaso como a Torre de Babel”, díxome un profesor unha vez. Pero non nos deixades outra opción. Temos que falar.” – Berta, Heroes en Decembro.

25/10/2025
‘CARTAS DA MULLER AUSENTE’ DO GRUPO DE TEATRO DITIRAMBO TEATRO

Unha muller acode á consulta do psiquiatra para tratar o trastorno de personalidade múltiple que sofre desde que se divorciou. Como terapia, o doutor recoméndalle a escritura dunhas cartas co obxecto de que a muller silenciada, durante o tempo que durou o matrimonio, exprese as súas emocións e prodúzase a ansiada recuperación.

26/10/2025
‘OBRA AI AVOA!’ DO GRUPO DE TEATRO DESFEITA TEATRO

Esta é a historia dunha familia de clase traballadora sumida na decadencia económica e moral debido á crecente voracidade da avoa. A obra é unha crítica social á indolencia, o egoísmo e a falta de solidariedade, empregando o humor para expoñer a miseria humana e a perda de valores.

Hora

19 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

SRD Nautilius

Camiño Sanín, 54, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events