CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

XIX aniversario da Cantina Candela: Cervexa Candela + Sara Casas

13abr20:00XIX aniversario da Cantina Candela: Cervexa Candela + Sara CasasCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Cantina Candela

Detalles do eventos

O bar da zona de Irmandiños Cantina Candela fai 19 anos e celébrao cunha festa que durará catro días e na que haberá música de diferentes estilos, monólogo e a presentación da Cervexa Candela, unha birra artesá feita a medida para a ocasión por Cervexas Triskel.

Programa:

Xoves 13 ás 20h – Presentación da Cervexa Candela, con coloquio sobre cervexa artesá, degustación e concerto de Sara Casas.

Venres 14 ás 22h – Monólogo de Juantxonito coas súas desbarradas e retranca galega.

Sábado 15 ás 13h – Concerto de música tradicional galega con Zurrumalla e foliada aberta posterior. O concerto é unha pequena homenaxe ao Rikití, taberna con cen anos de historia na rúa Hernán Cortés pechada recentemente.

Sábado 15 ás 22h – Concerto de Los hermanos Cunha

Domingo 16 ás 19h – Concerto fin de festa de Awen, dúo de versiónd e temas propios de rock, blues e soul.

Máis

Hora

13 abril, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

Cantina Candela

Rúa Martín Códax, 12, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events