XIII Festival Catropezas: Piedra – A Movida

novembro, 2018

03nov22:00XIII Festival Catropezas: PiedraDANZA | 9,00 €22:00 Teatro Ensalle

Máis

Detalles do evento

O mes de Novembro é o elexido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como agardado polo público da sala.
Surde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia.
Compañías xa contrastadas (tiveran estado ou non con anterioridad en Ensalle) que reúnen nun mes obras cunha linguaxe sempre experimental pero sólida, froito do traballo, a disciplina e a experiencia.
Debido a isto é habitual atopar un curso intensivo impartido por algun dos mestres programados. Hai unha peculiaridade máis que garda este festival, e é que unha das súas xornadas é a coñecida como Fin de semana do Seiscordas ‘Noites de danza intensa’.

02-04/11/18 Piedra. Cielo rasO (Euskadi)

09-11/11/18 Heartbeat. Sandra Gómez / Sergi Fäustino (C. Valenciana)

16-18/11/18 Sempreviva, a raíz da casa. Arraiana / Estela Lloves (Galicia / Baden-Württemberg)

Piedra:

Estou percorrido por un corpo duro, que non significa nada, que non ten sentido, nin movemento. Non respira, non súa, afúndese ata o fondo do leito de calquera río, de calquera océano, desfaise en fragmentos se fica moito tempo nalgún deserto, baixo o sol, sen suor, desfaise en po. Cae de lonxe e ráchase pola metade sen un lamento, so un son e unha mágoa inmensa por ver como se desgarra o sólido, como se parte en dous, e dentro nada, o mesmo silencio, a mesma ausencia. E aí fica aberta, sen brazos, nin pernas que lle axuden a unirse, a achegarse a súa outra metade, a abrazar a parte que lle falta, a agardar o brión que lle vaia cubrindo. O seu corpo compacto, e ao redor seu pasa o tempo, a súa pegada, permanece intacta baixo o seu peso, unha cama baleirada na que non se afunde nin máis, nin menos. Á vez estou seguro. Piedra proponse coma un camiño para explorar a resistencia, a conquista e o fracaso. A cruel dureza do corpo e o instante de fractura que sorprende como algo inesperado. É case seguro que nalgún intre do proceso algo se parta, e provoca que nós poidamos continuar deixando atrás, parte do que fomos pero que xa non somos, e que cedo volveremos deixar de ser. A probabilidade e a contraría sensación do que un agarda e o que un atopa é o mellor xeito que teño para resumir o meu traballo, todo o probo, ata o cansanzo e como atraelo á escena. Sempre agardei moito do que fago, pero de non facer o que fago, faría algo que se lle semellaría moito.

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

Teatro Ensalle

Calle de Chile, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

X