XIII Festival Catropezas ’18: Heartbeat – A Movida

novembro, 2018

09nov22:00XIII Festival Catropezas ’18: HeartbeatDANZA | 9,00 €22:00 Teatro Ensalle

Máis

Detalles do evento

O mes de Novembro é o elixido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como agardado polo público da sala. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia. Compañías xa contrastadas (estivesen ou non con anterioridad en Ensalle) que reúnen nun mes obras cunha linguaxe sempre experimental pero sólida, froito do traballo, a disciplina e a experiencia. Debido a isto é habitual atopar un curso intensivo impartido por algún dos mestres programados.
Hai unha peculiaridade máis que garda este festival, e é que unha das súas xornadas é a coñecida como Fin de semana do Seiscordas ‘Noites de danza intensa’.

Esta decimotercera edición desenrolará no orde seguinte:
2-4/11/18 Piedra Cia. Cielo rasO
9-10/11/18 Heartbeat Sandra Gómez / Sergi Fäustino
16-18/11/18 Sempreviva, a raíz da casa Arraiana / Estela Lloves
23-25/11/18 Programa Especial Seiscordas
Fäustino VI 803 cc Sergi Fäustino
Los límites del deseo (o) El peligro de estar vivos Terrorismo de autor
Péndula (Eppur si muove) Gichi-Gichi Do
Una Historia Universal David Espinosa

Os días 9 (22:00h) e 10 (22:00h) darase en Ensalle a segunda xornada deste XIII Festival Catropezas ’18, coa presentación da peza Heartbeat, primeira visita da bailarina e coreógrafa Sandra Gómez á sala viguesa. Unha obra tan imprevisible e espontánea como a súa propio latexado.

Sandra Gómez licenciouse en Master de Producción Artística pola Facultad de Belas Artes de Valencia na especialidade de Pensamiento Contemporáneo e Cultura Visual. Máis tarde licenciouse en Arte Dramática pola ESAD de Valencia, continuando a súa formación de xeito máis independente en tanto en Valencia como en Bruselas. Dende o ano 2001 traballa de xeito conxunto con Vicente Arlandis no colectivo LOSQUEQUEDAN en numerosos proxectos de creación e investigación que son amosados en diferentes festivais de ámbito nacional. Dende o ano 2012 leva a cabo a súa propia investigación e traballa en proxectos centrados no corpo e o movemento como B.R.S., No soy yo, Tentativa and Guests, The love thing piece e a obra que este fin de semana presentará en Teatro Ensalle: Heartbeat.

A dirección da súa inquietude levouna por camiños cruzados con Sergi Fäustino. Dende a súa propia creatividade e, o que es máis importante e evidente, a súa propia experiencia física, ambos os creadores están a configurar pezas onde o propio corpo, máis que o que hace o protagonista. Ou, máis ben, o propio corpo é a peza. A luz, o son, o espazo están influidos e creados polo brillo da súor, o pulso, a respiración e o cansanzo. Unha boa mostra (marabillosa diría) púidose gozar en Ensalle no Seiscordas do 21 de Novembro de 2015 dentro do X Catropezas, cando Sergi Fäustino presentou Fäustino IV. Concierto para esfuerzo y sonido. De heitoo el artista catalán estará en Ensalle esta fin de semana como colaborador da peza e técnico audiovisual.

Agora chega a Vigo Heartbeat.

Heartbeat é un solo de movemento para un intérprete. A primeira finalidade deste solo é ocupar un espazo e un tempo bailando. Unha sesión de 3 horas de música dance, hip hop, techno e electrónica serven de base ó movemento. A pulsación da música é a que marca o ritmo e a que ofrece o estímulo ao corpo para moverse. Un corpo que está “a escoita” das súas necesidades así como da súa espontaneidade nun exercicio de improvisación.

A temporalidade que propón o traballo provoca e permite quentar o corpo mediante a acción. É así como, a través de dita acción, baile ou danza e mediante un efecto físico-químico, este corpo sobe a súa temperatura, os seus poros dilátanse e súa, faise permeable abríndose a calquera estímulo, deixándose afectar. Un corpo que se entrega á perda, ó abandono para acabar mostrándose na súa carnalidade. Podería dicirse que, p percorrido que realiza, véne marcado por unha prosura, a de perderse e atoparse nun novo corpo ou mesmo en diferentes corpos, en diferentes realidades onde desexo e pracer están presentes.

En Heartbeat o movemento quere afastarse do formal e do académico, sendo este un elemento plástico e expresivo resultado do uso dunha determinada enerxía e non unha coreografía de formas pechadas. Unha proposta onde se xoga a buscar os límites espaciais, temporais e enerxéticos dun corpo.

Ficha artística:
Sandra Gómez. Idea: S. Gómez. Luces: Antoine Forgeron. Fotografía: Alain Dacheux. Gracias a: Espai Flotant. Co apoio de: Concello de Valencia. Este traballo xestouse dentro do espazo de encontró e intercambio misióndivina.

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

Teatro Ensalle

Calle de Chile, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

X