
Detalles do eventos
O CVC Valadares acolle a catro humoristas galegas pola XI Mostra da oralidade Por boca de muller. A programación desenvolverase en varios días, dando o seu comezo o
Detalles do eventos
O CVC Valadares acolle a catro humoristas galegas pola XI Mostra da oralidade Por boca de muller. A programación desenvolverase en varios días, dando o seu comezo o sábado12 de abril e chegando ao seu fin o sábado 26 de abril.
Programación:
- O sábado día 12 ás 20:00 h estará Atenea García con Vicio houbo sempre. Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Funda, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano, a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comeza a súa andaina como narradora oral no ano 2016 e na actualidade conta con seis espectáculos en repertorio para público familiar.
En 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración para público adulto, Vicio Houbo Sempre, e en 2025 a segunda proposta: Bailen as vellas. Os contos das cereixas, unha proposta de narración oral para público adulto xunto a Vero Rilo que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral. Na actualidade combina o seu labor como produtora, creadora e intérprete na compañía Xarope Tulú co seu traballo interpretativo para outras profesionais das artes escénicas. Forma parte da Asociación Galega de Narración Oral NOGA.
- Xoves día 17 ás 20:00 h: Bea Campos con Chegar e encher. Bea Campos é actriz, narradora e presentadora. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérca. Forma parte da compañía Migallas Teatro con diferentes espectáculos para público dende os seis meses ata os cen anos. No mundo do teatro é cofundadora na compañía Inventi Teatro e participou como actriz profesional en diferentes compañías galegas (Inversa Teatro, Avento Produccións, Triatreros, Arelas das Artes etc. ) É formadora no eido da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil. Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais; documentais, series e programas de televisión.
- Venres día 18 ás 20:00 h: Antía Costas con A filla do Juevo. Antía Costas, actriz do Morrazo. Cómica, pandereteira, cabareteiraa e improvisadora. Alma mater da Cía Moito Morro Teatro. Formada en interpretación textual pola ESAD de Galicia. Traballou en varias compañías de teatro de improvisación como Triatreros e Las bucles. Forma parte do colectivo Remolachas Libres onde toca xénero stand up comedy. Traballou tamén en varias series, webseries e corto a nivel galego. Actualmente forma parte do elenco de O monte das Aras de Teatro de Ningures.
- Sábado día 26 ás 20:00 h: Charo Pita con Contos de amor, erotismo e morte. Charo Pita naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Desde ese día a súa idade foise adaptando ata facela sentir contemporánea de todo o mundo. Comezou a narrar historias no ano 1994. O seu traballo abrangue diversas áreas do fabuloso, conta tanto para a rapazada como para xente adulta. Tamén imparte obradoiros de narración e lectura expresiva e leva publicados máis dunha ducia de libros e gañado algún que outro premio literario, o Espiral Maior de poesía no ano 2001 e, o último deles, o premio Manuel Murguía de narracións breves no pasado 2018. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música.
Máis
Hora
12 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO
Hoxe móvese
- Mes actual