
Detalles do eventos
Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas con mulleres relevantes de diferentes disciplinas, desde a arte, até a ciencia, a innovación, a gastronomía, o deporte ou a música. Desenvólvese
Guadi Galego, Teresa Portela e Gabriela González no ciclo de charlas Xacobeo Peregrinas
Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas con mulleres relevantes de diferentes disciplinas, desde a arte, até a ciencia, a innovación, a gastronomía, o deporte ou a música. Desenvólvese en espazos acolledores das sete cidades galegas, situadas como camiños de atracción da sabedoría multidisciplinar. Ten a dinámica amena dun talk show con público onde as convidadas, guiadas por unha presentadora, comparten experiencias, persoais e profesionais, e xeran fluxos de coñecemento que susciten a reflexión sobre os desafíos contemporáneos.
A cantante e compositora Guadi Galego, a directora de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e subcampioa olímpica Teresa Portela falarán este xoves das súas experiencias persoais e profesionais nun ameno coloquio que finalizará cunha actuación musical.
O evento contará con intérprete de língua de signos e poderase tamén seguir en streaming a través das canales de Youtube e de Facebook camino_xacobeo e da web caminodesantiago.gal.
Convidadas:
GUADI GALEGO: Cantante, compositora, intérprete e mestra en Educación Musical. É unha das artistas con maior proxección de Galicia. Iniciou a súa carreira na música en 1997 en Berrogüetto, cos que gañou o premio ao Mellor Grupo Folk Europeo do 2000 e unha candidatura aos Grammy. No 2009 comeza a súa carreira en solitario co álbum Benzón. Foi Premio da Crítica Galicia de Música no 2015, Premio Martín Códax da Música no 2016 e no 2020 e Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado español do 2019, entre outros.
GABRIELA GONZÁLEZ: Directora de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski. Leva máis de 10 anos desenvolvendo a súa carreira no mundo da distribución alimentaria. Formouse en responsabilidade social corporativa no Instituto de Empresa de Madrid e na propia compañía, onde creou un departamento propio centrado nos valores do traballo directo co produtor.
TERESA PORTELA: piragüista olímpica. É unha das mellores deportistas da historia en probas de augas tranquilas e sprint. A piques de cumprir os 40 anos participou nos seus sextos Xogos Olímpicos, en Tokio 2020, onde conseguíu a medalla de prata para España. Foi cuarta en Londres e quinta en Atenas e Pekín. Gañou 16 medallas nos Campionatos do Mundo de Piragüismo e 17 medallas nos Campionatos de Europa. Formouse en Maxisterio, Fisioterapia e Dietética e Nutrición.
Presentadora: Marta Gómez
O xoves 27 ás 19:00 horas no Museo do Mar.
Máis

(Xoves) 19:00
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra