Xacobe Martínez Trío – A Movida

novembro, 2018

03nov23:00Xacobe Martínez TríoCONCERTO | 6,00€23:00 Contrabajo Club

Máis

Detalles do evento

Novo traballo do contrabaixista galego, neste caso en formación de trío, articulado sobre composicións orixinais de Xacobe. Todas as composicións, así como a produción, corren a conta de Martínez Antelo, que controla todos os cabos. O que noutras formacións, como Sumrrá, se adiviña que pode vir da súa achega, aquí queda perfectamente definido. Ten Martínez unha pulsación potente que lle gusta coordinar perfectamente coa batería, que produce continuamente unha sección rítmica implacable, denominador común do chamado jazz nórdico (non de España senón de Europa).

Comeza o disco con Libertas e xa deseguido queda claro que o contrabaixo ten cousas que dicir, co fraseo do segundo minuto. En Ursus Arctos volve a suceder. Por outra parte o saxofón de Pablo Castaño goza da liberdade próxima ao free e, ao tratarse dun saxo alto e por tanto traballar mellor os agudos, en temas como Music to the People consegue espazos dun brillo auténtico.

O batería é Max Gómez, un home incansable cos seus repiques ou os seus traballos nos pratos. Este estilo permítelle destacar o seu son sen precisar os solos: en toda a parte central de Control do pánico, o xogo entre Martínez e Gómez é o de dous homes que parece que vaian ao seu aire, pero que están engarzando fío tras fío para construír un poema.

Hora

(Sádado) 23:00

Lugar

Contrabajo Club

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

X