CONGRESO MAR >

18out10:0020:00A cerámica conquistará o Mercado de Teis esta fin de semanaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 20:00(GMT+02:00) Mercado de Teis

Detalles do eventos

A II edición do Mercado Cerámico celebrarase o 18 de outubro e muda á súa localización ao Mercado de Teis. Tras a boa acollida primeira edición, a empresa local No todo el pescado está vendido continúa a súa aposta por esta disciplina que está en auxe, cada día máis, tanto na súa vertente utilitaria como de deseño. Distintas escolas da nosa cidade avalan esta disciplina e grandes mestres vigueses, como Emilia Guimarães ou Miguel Vázquez, son en parte responsábles deste auxe artesanal.

Este mercado terá a particularidade de celebrarse xunto coa actividade habitual do mercado de Teis, onde se mesturará a compra diaria de alimentos coa cerámica, fomentando así o costume de antano dos mercados, onde os artesáns formaban parte do día a día destes espazos.

Será unha xornada acompañada dunha gran programación, desde talleres de cerámica para todos os públicos e gratuítos, coa artista viguesa Ruth Lodeiro que nos falará sobre a súa traxectoria e obra cerámica, actuacións para os máis pequenos e un concerto clausura da man de Jennifer Taylor Trío, formado por Alexandre Toucedao, Alejandro Artalejo e Jennifer Taylor cun repertorio centrado no jazz e a bossa nova, unha oportunidade para gozar da música en directo .

A programación completa é a seguinte:

  • 10:00h Apertura de expositores de cerámica

  • 11:00h Obradoiro cerámico infantil

  • 12:30h Espectáculo infantil: Ledicias de Charlatana Cultural

  • 13:00h Coloquio con Ruth Lodeiro

  • 16:00h Obradoiro Cerámico Infantil 

  • 17:00h Espectáculo infantil: Barafunda Contacontos “O Gato Zapato”

  • 18:30h Actuación Musical Jennifer Taylor Trío

  • 20:00h Peche

Hora

18 outubro, 2025 10:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events