OV430

30abr22:00Xa á venda as entradas para o único concerto de Rodrigo Cuevas en Galicia no 2026CONCERTOS | Desde 45,33 €22:00(GMT+02:00) A Coruña

Detalles do eventos

Rodrigo Cuevas presentará a súa nova proposta escénica, La Belleza, o 30 de abril no Coliseum da Coruña. Será a única actuación que o artista asturiano ofreza no 2026 en Galicia no marco da súa nova xira. As entradas saíron á venda o martes 23 de decembro.

La Belleza transformará parte da pista do recinto coruñés nun ‘llagar’, local tradicional no que se fai a sidra. Neste espazo, convertido en escenario, o público -sentado en mesas- formará parte do show e convivirá co cantante, quen interactuará coas persoas que teñan billete para gozar desta experiencia inmersiva. Este tipo de entrada, ademais, acompañarase dunha degustación de sidra e outros produtos asturianos desde a apertura de portas e até o inicio do show.

Rodrigo Cuevas iniciará a xira La Belleza, unha fantasía escénica e argumental, o 24 de abril en Avilés. A súa actuación no Coliseum será, polo tanto, a segunda cita dun tour que fará da indeferenza un lugar intransitable. As entradas para asistir ao único concerto que ofrecerá en Galicia no 2026 poranse á venda o 23 de decembro, ás 11.00 horas, a través das plataformas Ataquilla.com e rodrigocuevas.sexy. Só nesta última web estarán dispoñibles os billetes especiais para gozar da experiencia inmersiva do Llagar La Panoya Dorada -que inclúe asento reservado nunha das mesas do escenario, servizo de sidra e outros agasallos- situado como escenario, e que permitirá ao público formar parte do espectáculo. Estas entradas serán limitadas e sen numerar, e o acceso será por orde de chegada ao Coliseum.

Hora

30 abril, 2026 22:00(GMT+02:00)

Localización

A Coruña

A Coruña, A Coruña

Other Events