X Aniversario da Jam de La Casa de Arriba
30ago21:00X Aniversario da Jam de La Casa de ArribaCONCERTOS | -21:00 A Casa de Arriba
Detalles do eventos
Para celebrar o aniversario, a Casa de Arriba ofrece este Martes 30 as 21:00 h. unha Jam Session moi especial, onde un cuarteto formado por algún dos máis
Detalles do eventos
Para celebrar o aniversario, a Casa de Arriba ofrece este Martes 30 as 21:00 h. unha Jam Session moi especial, onde un cuarteto formado por algún dos máis destacados músicos de Jazz galegos das novas xeracións interpretará temas compostos por músicos da xeración anterior
As Jam Sessions mantéñense ao longo destes dez anos coa mesma estructura, una banda ofrece un pase de 45 minutos para logo dar paso a Jam Session onde tódolos músicos que o desexen están invitados a tocar e compartir o amor polo Jazz no acolledor e íntimo escenario da Casa de Arriba. Nestes dez anos esta Jam Session, a única dedicada ao Jazz na cidade, creou afección e fidelidade entre o público vigués amante do estilo e acolleu tamén novos adeptos ao estilo. Tamén fixo escola entre os músicos máis novos, ofrecéndolle a posibilidade de compartir escenario con músicos máis experimentados creando así un círculo virtuoso entorna o Jazz onde os novos aprenden dos veteranos e viceversa. Moitos músicos da cidade e arredores comezaron no Jazz asistindo as Jam Sessions da Casa de Arriba e agora son xa destacadísimos músicos ou promesas do Jazz en Europa, como David Puime, Dani Font, Suníl López, Martín Verde, Eloi Pascual, Guillermo Guerrero, Martín Rodríguez…
Máis

Hora
(Martes) 21:00
Localización
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes